Esta madrugada unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acudiu á Porta de Bispo Odoario xa que ao parecer unha persoa atopábase ao bordo dun dos cubos da Muralla, con risco de precipitarse.
Os axentes compareceron de inmediato, observando que o mozo, do 20 anos, está sentado sobre o muro de pedra, polo que os policías trataron de tranquilizalo. Nun momento dado lograron suxeitalo e retiralo do muro, sendo auxiliado.
Os axentes acompañaron ao rapaz ao interior da ambulancia que o trasladou ao HULA, onde quedou ingresado.