A Policía Local inspecciona establecementos de lecer no casco histórico e realíza outras intervencións

Por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo realizáronse inspeccións en locais de lecer nocturno situados no recinto histórico, co seguinte balance: Nun establecemento levantouse acta de denuncia por infracción á normativa reguladora de espectáculos públicos e actividades recreativas, ao detectar que realizaba a súa actividade coas portas abertas, transmitindo niveis altos de ruído ao exterior, xa que pola súa licenza teno prohibido. Nun local con licenza de cafetería detéctase que nun dos televisores, o máis grande do establecemento, o son é excesivo e moi superior ao resto, descubrindo no seu parte inferior unha barra de son, a cal está conectada por un cable ao televisor, que ao desenganchalo deixa de soar totalmente, polo que se levanta acta de denuncia por infracción á normativa de espectáculos públicos e actividades recreativas, xa que este tipo de locais teñen prohibida a reprodución de música co emprego de potenciadores de son.

Detención por quebrantamento de condena

Na tarde de onte, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, é comisionada pola sala do 092 para que acuda á rúa Gustavo Freire xa que ao parecer estase quebrantando unha orde de afastamento. Ao chegar ao lugar os axentes localizan no interior da estación de autobuses a unha muller. O home xa non se atopaba no lugar, polo que os axentes trasládanse ao lugar de residencia actual, localizándoo e procedendo á súa detención por un presunto delito de quebrantamento de condena, sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para a súa remisión ao Xulgado.

Venda ambulante non autorizada

Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo no Parque da Milagrosa, con motivo do “mercadillo” semanal celebrado no día de onte, sorprenderon a cinco persoas ocupando espazo público para a realización de venda ambulante non autorizada, sendo denunciadas por infracción á Lei de Seguridade Cidadá, propoñéndose sanción de 600 euros a cada unha delas.

Aparcacoches non autorizados

Na mañá de onte, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, sorprendeu a dúas persoas nas inmediacións do HULA realizando labores de aparcacoches, ocupando a calzada para indicar espazos de estacionamentos libres aos condutores, sendo identificados e denunciados por infracción á normativa de Seguridade viaria por ocupar a calzada existindo zona peonil e exercer actividade que pode crear risco propio ou para o resto de usuarios da vía, causando molestias innecesarias.

 Molestias á veciñanza

Unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo sorprendeu a un grupo de cinco mozos no adarve da Muralla cun altofalante que reproducía música en ton moi elevado e molesto para os veciños da zona, sendo identificado o responsable e levantándose acta de denuncia por infracción ás ordenanzas municipais de contaminación acústica

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com