Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo no parque da Milagrosa con ocasión do “mercadillo” semanal, detectan detrás dun banco unha bolsa de tea grande e un carro de compra con varias pezas que os cubrían, comprobando que o carro está cheo de embutidos en estado de conxelación, preparados para a venda ambulante, observando que todos estes produtos están caducados, sendo deixados alí por unha persoa que, ao detectar a presenza policial, abandonounos, sendo recollidos polo servizo municipal correspondente e instruíndose as dilixencias oportunas. Os produtos intervidos son: – 46 pezas de lombo de adega, cun total de 23 kg. – 55 pezas de salchichón afumado cun total de 24 kg
