A Policía Local levanta 29 actas de denuncia por infraccións á normativa anticovid

A Policía Local de Lugo levantou entre o luns e o martes 29 actas de denuncia por incumprimentos á Lei de Saúde de Galicia. Durante este período efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio estableceron diferentes dispositivos para o control do cumprimento das medidas de prevención estipuladas pola Xunta de Galicia para facer fronte á crise sanitaria.

En total, os axentes denunciaron a 14 persoas por non utiilizar a máscara de protección. Todas elas enfróntanse a sancións de 100 euros. A 500 euros enfróntanse as 7 persoas denunciadas por entrar no termo municipal de Lugo sen causa xustificada, outras 7 por imcumprir a normativa sobre permanencia de grupos de persoas en botellóns, e unha última persoas que transitaba pola vía pública, sen xustificación, en horario de toque de queda.

11.071 persoas identificadas e 9639 vehículos controlados

Neste mesmo senso, a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, presidiu hoxe a xuntanza semanal do Centro de Coordinación Operativo da provincia (CECOR) na que se examinou o operativo de seguridade que está organizado na provincia en aplicación das restricións sanitarias decididas pola Xunta para atallar a pandemia do coronavirus.

A subdelegada deu conta de que, desde o pasado mércores, cando tivo lugar a anterior xuntanza do CECOR, a Policía Nacional e a Garda Civil despregaron na provincia de Lugo 832 dispositivos, nos que foron mobilizados 1.355 axentes que identificaron un total de 11.071 persoas e controlaron 9.639 vehículos. Isabel Rodríguez detallou que, nos sete días comprendidos entre o 10 e o 16 de febreiro, a Garda Civil e a Policía Nacional formularon un total de 306 propostas de sanción na provincia debido ao incumprimento das restricións decididas pola Xunta.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com