A Policía Nacional investiga a desaparición dunha moza de 22 anos en Barreiros

A Policía Nacional está a investigar todavía a desaparición de Jennifer Herrero González, unha moza barreirense de 22 anos de idade desparecida dende o pasado xoves día 14. A denuncia foi presentada pola familia o venres ás 4 da tarde na comisaría da Policía Nacional de Lugo.

O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, explicaba esta mañá que o vehículo da rapaza, foi atopado aparcado no entorno da Estación de Autobuses de Lugo o que pode apuntar a unha marcha voluntaria, e, segundo explicaron as fontes policiais podería deberse a unha relación que a rapaza parecía manter cunha persoa do Mediterráneo.

A Policía traballa na revisión de móbiles para poder seguir os pasos da rapaza. Carballo afirmou que, pese a que todo apunta a unha marcha voluntaria da moza, mentres exista a denuncia de desaparición, os axentes continuarán coa investigación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com