A Policía Nacional investiga a presunta agresión sexual a unha moza lucense que puido ser vítima destes feitos o pasado venres de madrugada.
Dende o servizo de urxencias do Hula deron o aviso á Policía tras activar o protocolo por unha posible agresión sexual cando a moza “maior de idade pero moi nova” se presentou no hospital acompañada da súa nai crendo que puidese ser vítima dunha agresión sexual dado que ela non recordaba nada do ocorrido durante a noite anterior ata que foi recollida por un amigo que a levou á súa casa.
Segundo informan dende a polícia, a moza polo momento non presentou ningunha denuncia pero os axentes ca puxeron en marcha a investigación para determinar que puido suceder.
A moza, que saía de festa pola cidade, non lembra o sucedido entre as 3 e as 5 da mañá. Polo momento o que se sabe é que ela se atopaba na zona de Clérigos e un amigo recolleuna na zona de Serra de Outes.
Nov 04, 2019 - 02:50 PM
Quelque..