A policía sanciona a sete persoas por non cumprir co uso da máscara na rúa

No día de onte 1 de xullo, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo despregaron un dispositivo para o control do uso de máscaras nas rúas da cidade, levantando sete actas por infracción á Lei de Saúde de Galicia ao detectar a persoas que se achaban en vía pública que non usaban a máscara de protección e non se atopaban en ningunha das causas de exención contempladas na Real Decreto Lei 21/2020.

A Policía Local lembra a toda a cidadanía que o uso de máscara é obrigatorio e que a norma autonómica establece que “non é posible garantir o mantemento dunha distancia de seguridade interpersoal de, polo menos, 1,5 metros sempre que se transite ou se estea en movemento pola vía pública e en espazos ao aire libre e, pola concorrencia doutras persoas, non se poida garantir en todo momento, atendidos o número de persoas e as dimensións do lugar, o mantemento da distancia de seguridade.

Así mesmo é obrigatorio o uso de máscara sempre que se estea en espazos pechados de uso público ou que se atopen abertos ao público e se poida concorrer no mesmo espazo con outras persoas usuarias, salvo que se poida permanecer sentado se por parte da persoa titular do espazo adóptanse as medidas que garantan en todo momento o mantemento da distancia de seguridade interpersoal entre as persoas usuarias”.

Asemade na tarde de onte, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo estableceron diversos filtros de seguridade viaria para o control das normas de circulación, condutores e vehículos, dirixido especialmente ao cumprimento de aseguramento de automóbiles por parte dos seus titulares, detectando tres turismos que circulaban polas vías da cidade sen que conste que o seu propietario teña subscrito un contrato de seguro que cubra a responsabilidade civil derivada da súa circulación, abrindo expediente sancionador con multa de 1.500 euros e procedendo á retirada dos vehículos co servizo de guindastre, quedando inmobilizados no Depósito Municipal.

Así mesmo establecéronse controis de velocidade coa utilización dun vehículo policial dotado de cinemómetro, controlándose a 624 vehículos e denunciando a 38 condutores por pasar a velocidade establecida para a vía. A velocidade máis alta detectada foi de 87 km/h, nunha vía limitada a 50 km/h, o que supón para o condutor unha multa de 400 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Establecementos públicos

Axentes do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo realizaron unha inspección, na madrugada do día 2 de xullo, nun establecemento de hostalería da rúa Yañez Rebolo, levantando acta de infracción á normativa reguladora de espectáculos públicos e actividades recreativas ao detectar que o local, con categoría de café bar, tiña en funcionamento un equipo de reprodución musical sen autorización, a volume moi elevado, podendo escoitarse desde o exterior e perturbando gravemente o descanso dos veciños.

A Ordenanza de Contaminación Acústica do Concello de Lugo establece que nos bares, cafés, café-bar, cafetería, restaurante, mesón, taberna, asador e adega, non se permitirá a instalación de aparellos de reprodución musical nin de vídeos musicais.

Fotografía: imaxe cedida pola Policía Local

Novas relacionadas

  1. Pachi Vilariño Casanova
    Xul 03, 2020 - 08:40 AM

    Debería de haber mais controles,e mais duros ca xente

    Reply
  2. Luis Rodriguez
    Xul 02, 2020 - 02:34 PM

    De Novo Volvo a recalcar que esta imaxen está protexida con Copyright e non tedes autorización expresa por o autor que son eu de poder publicarse. De persistir na debandita maneira vexome obligado a presentar unha denuncia ante as autoridades por usurpación de imaxenes de forma reiterativa

    Reply
    • Xornal de Lugo
      Xul 02, 2020 - 06:43 PM

      Ola!, desculpa pero a Policía Local volveunos envíar esta fotografía e supoxemos que xa terían arreglado contigo o tema dos dereitos. Acabamos de poñernos en contacto con eles para que nos digan porque nos están a envíar unha foto da que non son propietarios. Deberías facer ti o mesmo reclamandolles que se absteñan de envíar fotografía túas.

      Reply
  3. Mari Dominguez
    Xul 02, 2020 - 01:24 PM

    Pois forraranse.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com