A policicía levanta 8 actas en establecementos por exceder o límite de horario

Durante as noites do venres 19 e sábado 20 de xuño, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron un dispositivo para o control dos horarios de peche dos locais de lecer e restauración, levantándose oito actas por exceder, no exercicio da actividade, o límite horario establecido e por ter reprodutor de música sen autorización.

Todos os establecementos denunciados pertencen ao Grupo I (Bar, Café-Bar, Cafetería), cuxos horarios de finalización da actividade para a fin de semana son ás 3,00 e 3,30 para cafeterías e todos eles carecen de autorización para instalación de equipos dereprodución musical. Os locais denunciados están situados na zona norte da cidade, zona centro e zona sur.

 

Fotografía: imaxe cedida pola Policía Local

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com