A ponte sobre o Miño á altura da depuradora estará cortada o xoves pola mañá

O Concello informa de que este xoves, 27 de agosto, cortarase ao tráfico a ponte sobre o río Miño á altura da Estación Depuradora de Auga Potable (ETAP) co fin de retirar do leito do río os toros e árbores que obstaculizan a presa que regula o caudal necesario para o abastecemento de auga da cidade. O corte, que terá lugar entre as 9.00 e as 15.00 horas, afectará ás parroquias de Adai e Meilán, os dous núcleos que une a ponte situada á altura da ETAP.

As alternativas que teñen os usuarios para poder cruzar o río son a ponte de Ombreiro, a da Nacional 540 e a ponte branca, que enlaza a N-VI coa estrada de Portomarín e a estrada vella de Santiago, en San Lázaro.

Os devanditos traballos de limpeza do río, coordinados pola Concellería de Infraestruturas Urbanas e Protección Civil, realízanse todos os anos aproveitando a época estival. Para levalos acabo, necesítanse mergulladores e a intervención de grúas sobre a ponte.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com