A Pontenova recibe 1 millón de euros para mellorar as prestacións públicas

O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, xunto ao Concelleiro de Persoal, Obras e Urbanismo, Francisco Martínez Bermúdez, informou este martes sobre as actuacións que levou o Goberno Provincial a este municipio mariñán a través da execución do Orzamento de 2016. Foi máis de 1 millón de euros para potenciar vías de comunicación, dotacións públicas, servizos sociais e emprego.

Campos Conde explicou que para a mellora de vías de comunicación o Executivo Provincial fixo investimento na Pontenova de 689.000 euros. Destináronse ao arranxo de accesos na parroquia de Rececende e das vías que unen A Pontenova coa Fonsagrada e Ribeira de Piquín.

Con 43.000 euros, melloráronse accesos públicos en Rececende. O Presidente mantivo hoxe un encontro con veciños desta parroquia, na que viven 400 persoas, para coñecer o seu parecer sobre os traballos de pavimentación que se levaron a cabo.

Darío Campos adiantou que previsiblemente esta semana rematarán as obras de 296.000 euros na LU-P- 1904. Trátase da estrada provincial que une A Pontenova coa Fonsagrada. O tamén Alcalde adiantou que con outros 350.000 euros este mesmo mes o Goberno da Deputación iniciará o arranxo da LU-P- 4802 de Xinzo por Navallo a Pontesoutelo. É a estrada que une A Pontenova co Concello de Ribeira de Piquín.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com