A Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, a Concelleira de Benestar Social de Lugo, Ana Abelleira González, participaron este venres nos actos do Día do Dano Cerebral Adquirido que organiza ADACE en colaboración con amabas administracións públicas.
A asociación instalou no vestíbulo do Pazo Provincial unha mesa informativa para informar e darlle visibilidade a esta enfermidade que afecta, de media, a unhas 35.000 persoas en Galicia. Ás 12:00 horas, tivo lugar a lectura do Manifesto diante do Concello. De seguido, e como punto final da mañá reivindicativa, houbo unha clase de zumba na praza de San Marcos.
ADACE instalou 6 mesas informativas, distribuídas por toda a provincia. En concreto, están no HULA (Hospital Universitario de Lugo), no Hospital da Costa de Burela, no Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, no Concello de Lugo e na Deputación.
López Izquierdo informou que e Executivo Provincial colabora con este colectivo, non só situando unha destas mesas no Pazo de San Marcos, senón tamén con achegas económicas de xeito anual. En efecto, este ano, o Goberno da Deputación destinou 12.000 euros a ADACE Lugo para os gastos de funcionamento do Centro de Día que posúen na capital lucense, así como para financia a contratación dun neuropsicólogo, que forma parte da plantilla de 8 profesionais cos que conta a asociación presta atención a 40 usuarios de toda provincia, en quendas de 4 horas, de mañá e tarde.