A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, indicou que a Praza de Abastos e o Mercado Municipal permanecerán abertos durante o xoves e o sábado da Semana Santa no seu horario habitual. Cristina López destacou “a posibilidade de adquirir produtos de calidade e a atención personalizada que se pode atopar nas nosas prazas e mercados”.
Cristina López lembrou que para realizar un pedido, as persoas interesadas deberán chamar, de 08:30 a 14:00 aos distintos postos da praza, onde se lles informará sobre a dispoñibilidade de cada produto. Unha vez se realicen todos os pedidos, organizarase o reparto e o cobro da mercadoría a domicilio. O servizo de pre-encarga permite facer as recollidas con máis axilidade á xente que prefira acudir ao Mercado e á Praza.