A edición vixésimo terceira do circuíto gratuíto Larsa Corre con Nós 2025 arranca este sábado, día 18 a partir das 18.00 horas, con saída desde a avenida Ramón Ferreiro, ao carón da praza Horta do Seminario, para percorrer varias rúas do centro da cidade.
Durante toda a xornada do sábado, a montaxe da proba obrigará a cortar, entre as 12:00 e as 20:00 horas, o tramo da avenida Ramón Ferreiro máis próximo á praza Horta do Seminario, desde a rúa Salvador de Madariaga ata Anxo López Perez.
Os horarios e distancias das probas están aloxados con toda a información de cada unha das carreiras e categorías na páxina web do circuíto https://correconnos.com.
A recollida de dorsais e chips das e dos inscritos estarán dispoñibles na tenda colaboradora de Inter Sport, situada na rúa Bispo Aguirre durante todo a xornada de mañá xoves, do venres 17 e do sábado 18, o propio día da proba, no seu horario comercial para que tanto os corredores de Lugo como de fóra do municipio poidan ter a oportunidade de retiralo.
Cortes de tráfico
As vías afectadas polos cortes de tráfico fundamentalmente estarán comprendidas dentro dos seguintes horarios e tramos de circulación:
De 17:30 a 19:30 horas, estarán cortados os tramos das probas que afectan á avenida Ramón Ferreiro, desde Anxo López Pérez ata a rotonda que enlaza coa rúa Marina Española. Tamén haberá cortes desde a avenida Rodríguez Mourelo ata a praza de Avilés, afectando tamén á rúa Vilalba e a rúa Anxo López Pérez.