A primeira residencia literaria itinerante chega a Lugo para actualizar a temática xacobea

O concello de Lugo recibiu hoxe a cinco poetas, procedentes de distintos países, que están a desenvolver a primeira residencia literaria itinerante Uxío Novoneyra para actualizar a temática xacobea. Talatá Rodríguez dende Bos Aires; Fátima Delgado dende Madrid: Luiza Fernandez, brasileira e Diego Horschovski, arxentino dende Compostela e Demián Rabilero,  dende Cuba, deixaron os seus lugares para facer a pé os 154 quilómetros a Compostela dende O Cebreiro.

A Fundación Novoneyra estabeleceu como un dos obxectivos desta iniciativa actualizar a temática xacobea. Durante a viaxe, os poetas escribirán sobre os seus pasos e compartirán as súas creacións en centros educativos do Camiño.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com