A semana de Cine de Lugo arrincou onte a súa 46ª Edición cunha placa homenaxe no Paseo do Cine, á distribuidora cinemátografica Baños Films, primeira homenaxe da Semana de Cine de Lugo que se realiza en recoñecemento dos máis de 70 anos de historia desta distribuidora viguesa fundada por Emilio Baños e que abasteceu de películas durante todos estes anos ao festival.
O acto de inauguración da placa do Paseo do Cine, situado na entrada do Parque da Milagrosa, abre a edición 2024 da Semana de Cine. A inauguración oficial tivo lugar a partir ás 22:00 no Auditorio Gustavo Freire coa primeira proxección da selección oficial, “A maxia da Música”, que contará coa actuación da banda Sons e Soños.
En total, ao longo da semana proxectaranse nas distintas instalacións 147 películas, cun ciclo específico de cinema feito en Galiza.