A provincia a vista de páxaro, expostas na delegación da Xunta

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle dende hoxe e ata finais de mes a exposición Anacos.Trazos de luz desde o ceo, con preto de medio cento de fotografías tomadas por Elena Guerrero Pascual e Xosé Pedro Fouz Hernández dende un parapente en diversos anos e estacións.

 A mostra inaugúrase esta tarde -ás 18.00 horas- na sala de exposicións da Delegación coa presencia do autor, Pepe Fouz, e da xefa do Servizo de Coordinación da Área Cultural en Lugo, María José Gómez Rodríguez, entre outros. Pode ser visitada ata o día 31 de maio de luns a venres entre as 9.00 e as 20.00 horas e os sábados ata as 14.00 horas.

Conforman a exposición en concreto 48 fotografías de paisaxes a vista de paxaro: urbanos e rurais, do interior e da costa, monumentos destacados, xacementos arqueolóxicos, aldeas, bosques e montañas que retratan a diversidade da provincia de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com