A provincia controla 560 casos activos de violencia de xénero

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, presidiu hoxe a Comisión técnica provincial de coordinación en materia de violencia de xénero que analizou os delitos de machismo na provincia. Na xuntanza, que se celebrou por vía telemática, participaron, tamén a xefa da unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno, María Luisa Castro; e responsables da Garda Civil, a Policía Nacional, a Policía Autonómica e os centros penitenciarios de Bonxe e Monterroso.

Isabel Rodríguez informou de que na provincia hai 560 casos activos no sistema Viogen de protección das vítimas de delitos de violencia machista. Os casos activos, a data 12 de marzo, son 2 de risco alto, 56 de risco medio, 219 de risco baixo e 283 non apreciado e non hai casos de risco extremo.

En total son 548 as vítimas rexistradas na provincia, das que 29 son usuarias do servizo telefónico de atención e protección ás vítimas ATENPRO e 21 están dadas de alta no dispositivo de control telemático COMETA. Rodríguez lamentou que no que levamos de ano xa son 5 as mulleres asasinadas en España e recordou que a cifra de vítimas é de 1.083 desde a creación do rexistro, en 2003.

A subdelegada do Goberno lembrou a importancia de traballar coordinadamente na loita contra a violencia machista e na protección das mulleres que a sofren. Isabel Rodríquez felicitouse pola renovación dos convenios de colaboración co Ministerio do Interior dos concellos de Vilalba, Ribadeo e Burela, que regulan das policías locais dos tres municipios coa Garda Civil para a protección das vítimas.

Os tres convenios cos devanditos concellos foron asinados nas últimas semanas polo Secretario de Estado de Seguridade do Ministerio do Interior, Rafael Pérez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com