A rehabilitación da A6 na contorna de Outeiro de Rei podería afectar ao tráfico

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) acomete a partir de hoxe as obras de rehabilitación do firme en varios puntos da Autovía do Noroeste (A-6), con motivo das cales se producirán afeccións ao tráfico durante este mes de marzo, quedando suxeita a súa temporalidade ás condicións meteorolóxicas.

Os tramos inmersos na actuación de rehabilitación son os comprendidos entre os km 505,500 ao 512,000 (contorna de Outeiro de Rei) na calzada sentido A Coruña, e entre os km 539,000 ao 540,000 (contorna da ligazón coa N-634 en Guitiriz), na calzada sentido Madrid.

Durante a realización das obras, será necesario cortar ao tráfico o carril afectado, que será maioritariamente o dereito, quedando en todo caso habilitado para a circulación o outro carril da calzada.

Características técnicas

Os traballos teñen como finalidade a rehabilitación superficial do firme, incrementándose as prestacións do mesmo e por tanto mellorando a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios. En concreto, procederase ao fresado do firme nunha profundidade de ata 5 cm e á posterior reposición do mesmo co estendido dunha mestura bituminosa en quente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com