A FIFA está levando a cabo nos campos de fútbol I e II das Gándaras controis para certificar que a reforma das instalacións supera os requisitos esixidos polo organismo internacional para a práctica deportiva.
O edil de Deportes, Miguel Fernández, declaraba que “os estudos serven para avaliar aspectos como a seguridade, o rendemento, a vida útil, a garantía de calidade e a comodidade de xogo que brinda o novo céspede artificial”, o ao tempo que sinalou que estas tarefas “esixiron medicións, entre outros aspectos, do espesor do recheo do terreo, da porosidade e grosor dos filamentos e mesmo simulacións do desgaste e resistencia á rodadura do balón que ofrece o propio material”.
“Este análise, alén de ser un garante dos traballos realizados, contribúe a mellorar a práctica do fútbol a todos os niveis e constata que, á hora de acometer a remodelación destas dotacións, se tivo en conta a protección da saúde dos xogadores” suliñaba o concelleiro.
Os controis de calidade son xa o último paso antes de que os recintos se poñan, novamente, a disposición da cidadanía, o que terá lugar a partir de setembro.
A área de Deportes destinou 350.000 euros ao seu acondicionamento que se suman ao investimento xa efectuado nos campos de Frigsa e a Cheda.
Ago 30, 2020 - 07:54 PM
Me parece genial,a ver si hay noticias del baloncesto no profesional y Lugo se pone las pilas para cubrir las necesidades del baloncesto en la ciudad,que el proyecto de un polideportivo deben tenerlo junto al de la playa fluvial.Como siempre Concello y Diputación pasandose el balón.