Dende a área de Medio Ambiente do Concello de Lugo, veñen de trasladar aos medios que, como consecuencia dunha fuga de auga na rede de abastecemento municipal na rúa Veterinario Xoan Rico Pérez, o luns 24 de febreiro, a partir das 8:00 horas, procederase a realizar os traballos de reparación por parte da brigada municipal de augas.
Para a realización dos devanditos traballos, segundo puxo de manifesto o encargado da brigada, será necesario realizar o corte de tráfico na calzada durante a mañá. O propio persoal da brigada colocará sinalización indicando o mesmo.