O Gustavo Freire acolle hoxe a representación teatral El Retablo de las Maravillas

A compañía de teatro Morfeo Teatro achega este mércores ao Auditorio Gustavo Freire a representación teatral El Retablo de las Maravillas, de Cervantes, dentro do programa da XVI Mostra de Teatro Clásico, organizado polo Concello. Será a partir das 20:30 horas, a cargo de intérpretes de primeira orde, tal e como os definiu a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, entre os que se atopan Francisco Negro, Mayte Bono, Felipe Santiago, Adolfo Pastor, Santiago Nogués, Mamen Godoy e Joan Llaneras.

A edil, quen lembrou que este ano a mostra de teatro clásico rende homenaxe a máxima figura da literatura española, Cervantes, pois cúmplense 400 anos do seu falecemento; convidou a todos os lucenses e visitantes a gozar tanto da interpretación teatral como das tapas inspiradas nesta e no resto de obras que compoñen a mostra, e que se poderán degustar entre o 11 de febreiro e o 12 de marzo por un prezo de 2 euros. Os establecementos participantes son Arrocería os Cachivaches, Canela Bakery Coffee, Mesón de Alberto, Restaurante Antas de Ullas, Restaurante Campos, La Encina, Mangiarte, Manuel Manuel e Paprica.

Para os interesados en asistir a esta representación teatral, as entradas  aínda se poden adquirir na páxina web www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo e no mesmo auditorio unha hora do comezo do espectáculo.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com