A rotonda de San Eufrasio, que desconxestionará o cruce desta rúa coa Avenida das Fontiñas esta máis preto, logo de que a Xunta informara favorablemente a petición de cesión dos terreos necesarios ao concello.
O concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Arroxo, informou que “desde a concellería de Infraestruturas se continúa a traballar na construción da rotonda en San Eufrasio. Unha vez recibamos no concello a notificación da Xunta de Galiza coa cesión do terreo, iniciaremos o proceso de contratación da obra para mellorar esa vía o antes posíbel”.
o concelleiro, que engadiu “o proxecto está listo para comezar o procedemento de contratación e no suplemento de crédito aprobado no mes de xullo xa se prevía unha partida destinada a este fin”. O proxecto sairá a licitación por un máximo de 153.031,59€. O persoal técnico de Infraestruturas baseouse en estudos realizados pola USC para acreditar a mellora na fluidez da circulación deste proxecto.
Out 16, 2020 - 08:40 PM
Esto no arreglara los atascos en fontiñas pasara como en el ceda el paso de la incorporacion de san e… https://t.co/3FddvKK0f2