O Concello de Lugo informa que dende o martes 20 de outubro e por un período de 10 días, vaise a proceder a executar a 1ª fase da obra de Instalación da ventá arqueolóxica na rúa Doutor Castro Fase II, promovida polo Concello de Lugo a traveso do Proxecto Urban, que levará o corte total da rúa Doutor Castro. Posteriormente, vaise a continuar cunha serie de traballos de restauración de mosaicos durante 5 semanas máis, durante os cales se abrirá o paso peonil, aínda que se manterán os valados de protección de obra.
Finalmente e nunha 3ª e última fase, que durará aproximadamente 1 semana, instalaranse os vidros e rematarase a mesma mantendo o valado de protección ata quedar completamente liberado o tramo