A rúa San Marcos estrea novo pavimento. Esta mañá os operarios municipais comezaron as obras -que durarán varios días- para amañar unha parte das baldosas deterioradas. A zona na que se levaron a cabo os arranxos foi cuberta cunhas chapas metálicas para protexela da intemperie e favorecer o selado dos materiais, pero retiraranse nas vindeiras horas.
O deterioro do pavimento de San Marcos é consecuencia do tráfico rodado que está soportando como alternativa da circulación durante as obras de peatonalización do Centro Histórico, xa que é unha rúa peonil que non está pensada para soportar o volume de vehículos que acceden ao interior da muralla nas últimas semanas.
O Concello trasladou as súas desculpas polas molestias que están a causar as obras, e agardan que “sexan as mínimas e se concentren nun breve período de tempo”.