A sala Tebras reabre hoxe as súas portas de forma virtual

Tras varias semanas cerrada, a Sala Tebras  abre hoxe as súas portas, de forma virtual. Farao da man de Cómplices de Vibra Mahou en casa, un ciclo que busca devolver a música en directo de maneira simbólica ás salas de concertos máis icónicas do panorama nacional e que nun segundo concerto terá como protagonistas a Marlon e 84.

Consciente da situación pola que atravesan as salas de música en directo, Vibra Mahou, a plataforma musical de Mahou Cinco Estrellas, presenta unha edición especial de Cómplices de Vibra Mahou para mostrar o seu apoio tanto á industria como aos amantes da música. Así, a marca apoiase nalgunhas das salas de concertos máis míticas do panorama nacional para, de maneira virtual, reabrilas e propiciar que nos reencontremos cos directos ata que poidamos facelo onde máis nos gusta, nas propias salas.
O tándem cómplice será nesta ocasión o formado por Marlon e 84, hoxe 14 de maio ás 22:00h. Unha fusión única que se xestará ao longo da semana e na que o público contará cun importante papel. Cada artista, ademais de cantar temas propios, versionará cancións do outro e serán os usuarios os que, a traveso das canles de @vibramahou en Instagram e Twitter, poderán seleccionar parte do repertorio.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com