A santiaguesa Berta Dávila gaña coa obra ‘Limiar’ o primeiro premio de poesía Díaz Jácome

A santiaguesa Berta Dávila Fernández obtivo o primeiro premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores, convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Deputación de Lugo. A obra que resultou gañadora na XIX edición deste certame leva por título ‘Limiar’.

O primeiro premio neste certame, que ten por finalidade estimular a creación poética entre os mozos e mozas, recoñécese con 1.500 euros, placa e diploma.

O segundo premio foi para Alexandre Fernández Peón de Pontevedra, pola creación ‘Crónica bélica da devastación en cinco minutos’. O pontevedrés recibe 600 euros, placa e diploma. Mentres, Laura López Esteban, de Lugo, acadou o terceiro premio, dotado con 300 euros, placa e diploma, coa obra ‘Renacer’.

O xurado que fallou os premios estivo integrado por Aurea Ramil, Armando Requeixo e José María Felpeto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com