A Seguridade Social retoma dende hoxe a atención presencial con aforo limitado e cita previa

A Seguridade Social  retoma dende hoxe a atención presencial nas súas oficinas da provincia de Lugo, tanto do Instituto Nacional da Seguridade Social como da Tesourería Xeral da Seguridade Social, con cita previa
Co obxectivo de garantir o cumprimento dos protocolos de seguridade sanitaria, haberá límite de aforo e un maior tempo previsto de atención para cada visita. O horario de atención presencial será, como antes do peche, de 9.00 horas a 14.00 horas, de luns a venres. Se se quere pedir unha cita concertada nunha oficina do INSS para solicitar unha prestación, por exemplo, hai que chamar á liña de teléfono: 901 106 570, entrar na web www.seg-social.es ou chamar ao teléfono de atención telefónica provincial 982 293 300.

Tamén están dispoñibles os teléfonos 901 166 565 para información xeral e o 900 202 222 para información e tramitación do ingreso mínimo vital. Para realizar xestións coa Tesourería Xeral da Seguridade Social pódese entrar na web www.seg-social.es ou chamar ao teléfono 901 502 050.
Nos últimos meses, a Seguridade Social reforzou a atención mediante as canles telemáticas para que se poidan realizar a maior parte dos trámites a través da súa Sede electrónica ou da páxina web. Durante este tempo púxose en marcha o asistente virtual da Seguridade Social, ISSA, que permite aos cidadáns consultar en liña as dúbidas que poidan expor en materia de trámites e prestacións. Ademais, vai potenciar a atención telefónica ao público co obxectivo de facilitar os trámites aos cidadáns e evitarlles desprazamentos innecesarios.

Por outra banda, a Tesourería Xeral da Seguridade Social ( TGSS) mediante un único punto de atención ao cidadán, “AXUDÁMOSCHE”, situado na páxina web e Sede electrónica da Seguridade Social, guiará aos usuarios para realizar as súas xestións
de afiliación, cotización e pago de débeda, podendo ser asistidos a través de diversas canles polo persoal funcionario. No caso de que sexa necesario e non se puido realizar o trámite de maneira telemática, contactarase co cidadán para concertar unha cita nas súas oficinas. Trátase dun servizo integral para atender as consultas e trámites dos cidadáns.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com