A selección galega de Rugby alzouse co Campionato de España de Seleccións Autonómicas femininas de Rugby 7. A selección galega volveu alzarse co titulo estatal, esta vez, contra a selección madrileña.
A terceira clasificada deste encontro foi a selección de Euskadi. A Deputación de Lugo colabora con esta cita deportiva para a promoción do deporte feminino na provincia, que, nesta ocasión se disputou no Estadio Pepe Barrera de Ribadeo.
Neste campionato participaron ademais da galega, as seleccións das Federacións de Andalucía, Baleares, Castela e León, Cataluña, Madrid, Murcia, Navarra, País Vasco, Asturias, Cantabria e Valencia.
A Deputada de Economía e Facenda en funcións, Mayra García Bermúdez, xunto con outras autoridades, entregou os premios ás participantes.