A Semana de Cine de Lugo, na súa edición XLII, ven de render homenaxe a Luis Tosar cun libro, unha placa no Paseo lucense do cine, e a entrega dun agasallo conmemorativo.
A irmá do actor, Pilar López Tosar, presente no acto, recibiu o agasallo e tivo emocionadas palabras de agradecemento, no nome do seu irmán, polo especial feito de que esta homenaxe se lle faga na súa terra, disculpando a ausencia de Luis por compromisos cinematográficos, e desexando o mellor para a Semana de Cine e para os lucenses.