A SLG pide ao Concello de Guitiriz que pague o tractor incendiado en Labrada

Segundo o SLG, “un informe da Axencia Galega de Emerxencias demostra que a alcaldesa mentiu ao eximir de responsabilidades ao consistorio e acusar de falta de coordinación aos servizos de emerxencias a semana pasada”.

O Sindicato Labrego Galego “denunciaba a omisión de socorro dos servizos de emerxencia de Guitiriz cando foron alertados de que se producira un incendio nun tractor en Labrada”. Nun comunicado emitido por esta organización agraria, informabamos que, ao ser notificado o incendio, “o consistorio guitiricense escusouse da súa obriga de asistir a emerxencia aducindo que non tiñan chofer para o vehículo de extinción de lumes. Ao final, tiveron que acudir os bombeiros de Vilalba, pero o seu camión non puido acceder á zona do incendio, polo que tiveron que pedir a colaboración da veciñanza e utilizar outro tractor cunha cisterna cargada de auga para extinguir as lapas, pero cando se puxeron cos labores de extinción xa non había nada que facer” (comunicado completo en: bit.ly/TractorLabrada)”

Ao pouco, publicábanse declaracións da alcaldesa en varios medios de comunicación nos que “desmentía esta versión dos feitos, afirmando que o persoal municipal do Plan de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais de Galicia en Guitiriz non foi avisado, engadindo que prestan servizo dende as 8:00 da mañá até as 12:00 da noite. A alcaldesa rematou culpando de falta de coordinación aos servizos de emerxencias e cualificando de moi graves as acusacións do SLG. Agora, co informe emitido pola Axencia Galega de Emerxencias, dependente de Vicepresidencia da Xunta, demóstrase que a alcaldesa de Guitiriz mentiu para defenderse. En efecto, no informe relátase que, unha vez constatado que os bombeiros de Vilalba quedaban demasiado lonxe e que os seus vehículos non eran os idóneos para acceder ao lugar do suceso, ao tentar contactar coas autoridades locais dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112, deron aviso á Agrupación de Protección Civil de Guitiriz e topáronse co contestador”.

O SLG pide ao Concello de Guitiriz que asuma “as perdas do tractor incendiado en Labrada para compensar a súa omisión de socorro automático da Policía Local. Ao pouco, recibiron a contestación de Protección Civil para informarlles de que “…non hai persoal do Concello para saír ao incendio”.

Foto de arquivo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com