A Sociedade Micolóxica Lucus organiza a terceira edición do “Lucus a Pé na Noite”

A Sociedade Micolóxica Lucus organiza para este venres día 17, a terceira edición do “Lucus a Pé na Noite”, unha actividade de sendeirismo nocturno, que consistirá na realización dunha ruta senderista circular cun tramo urbano e outro rural.

O tramo urbano transcorrerá polo centro histórico, pasando fronte á Catedral de Lugo, Piscina Romana de Santa María, Muralla de Lugo, Ponte Romana, para despois enlazar mediante o Paseo do Miño a un espectacular tramo rural a beiras do Río Mera e regreso ao punto de partida na Praza Maior, completando así un percorrido circular de dificultade baixa e 12,8 Km de lonxitude total.

Os participantes deben acudir con lanterna e unha peza exterior de alta visibilidade (chaleco, brazalete ou similar). O inicio da actividade está previsto para o venres día 17 ás 21:45 na Praza Maior (fronte ao Concello) e o regreso á 1:15 no mesmo lugar. A actividade é libre e gratuíta e non necesita inscrición previa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com