A Sociedade Micolóxica Lucus organiza o IV Encontro senderista e cultural ‘Lucus a Pé’

A Sociedade Micolóxica Lucus organiza para o próximo domingo 7 de xuño o IV Encontro senderista e cultural Lucus a Pé. Trátase dunha ruta de dificultade baixa, especialmente deseñada para que os participantes coñezan e admiren os monumentos máis emblemáticos da cidade de Lugo e tamén o seu magnífico ámbito natural. O evento complementarase cun acto de recreación histórica, para dar testemuño do pasado romano da cidade.

Este ano a ruta conta cun novo percorrido, ao incluír unha preciosa zona natural que fará as delicias dos participantes. As asociacións de calquera tipo que se inscriban como tal, recibirán gratis un pequeno refrixerio e unha bolsa de comida.

Aqueles particulares que desexen asistir á comida de campo e recibir a bolsa de comida deberán inscribirse e aboar 5 €. Todas aquelas persoas que desexen participar do evento, sen optar á comida da organización, poden asistir libre e gratuitamente, sen necesidade de inscrición.

O Lucus a Pé comezará ás 10 da mañá na rúa San Marcos, en fronte ao edificio da Deputación de Lugo, e concluirá no espazo verde do Club Fluvial de Lugo sobre as 14’45.

Para información e inscricións visitar a páxina: www.smlucus.org/lucusape.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com