A sorteo as últimas dúas vivendas rehabilitadas pola Xunta na Tinería

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda sorteou as dúas últimas vivendas rehabilitadas no barrio da Tinería, en Lugo, nun inmoble da rúa Miño que se ocupará por primeira vez despois da profunda reforma á que foi sometido.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que con estas adxudicacións “están xa en uso todas as promocións que ata o de agora impulsou o Goberno galego neste emblemático barrio, que suman 87 vivendas e 23 locais comerciais en réxime de alugueiro”.

As vivendas de primeira adxudicación que se sortearon corresponden ao primeiro e segundo piso do número 16 da rúa Miño, teñen 85 e 87 metros cadrados respectivamente e tres dormitorios cada unha, ademais de dispoñer dun rocho no ático.

No edificio, tamén hai un local comercial de 68,57 metros cadrados, o único de promoción pública que está vacante no barrio logo de que se adxudicaran os outros 22 -nove deles mediante un convenio co Concello de Lugo-.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) -dependente da citada consellería- tramita esta adxudicación que, en primeira instancia, pode resolverse nunha poxa ou mediante solicitude de adxudicación directa por parte dun organismo público que cumpra os requisitos.

A Xunta tamén entregou en réxime de alugueiro dous apartamentos que quedaran vacantes, un dun dormitorio na mesma rúa Miño -no número 23-, e outro de dous dormitorios na promoción de Garabolos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com