A Subdelegación do Goberno entrega 13.000 mascaras aos traballadores das residencias da provincia

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe de que nos últimos días fixéronse chegar 13.000 mascaras aos traballadores das residencias de maiores e de persoas con discapacidade da provincia paraprotexerse durante os desprazamentos laborais.

A entrega deste material sanitario para o persoal das residencias existentes na provincia de Lugo fíxose dentro da campaña que puxo en marcha a Subdelegación do Goberno o pasado luns, día 13.

Dentro da devandita campaña, tamén se distribuíron mascaras a usuarios do transporte colectivo na provincia, a entidades sociais como: Cáritas, Cruz Vermella e Aspnais, a colectivos profesionais como: taxistas e panadeiros e a asociación empresariais coa finalidade de que o maior número posible de traballadores da provincia de Lugo que realizan labores de interese social ou son empregados de sectores esenciais dispoñan deste tipo de material.

Para levar a cabo esta campaña de distribución das mascaras na provincia, a subdelegada organizou un dispositivo no que se mobilizaron, durante toda a semana, axentes do Corpo Nacional de Policía e da Garda Civil, nalgúns casos contando tamén coa colaboración das Policías Locais, a Policía Autonómica e de Agrupacións de Protección Civil. A todos eles, Isabel Rodríguez agradeceulles expresamente a súa implicación e compromiso social.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com