A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez López, acompañada do comisario xefe provincial, Antonio Villamarín, deu a benvida hoxe aos 11 policías que se incorporan a Lugo para realizar as súas prácticas formativas no Corpo Nacional de Policía.
A subdelegada do Goberno salientou que “quixen estar presente neste acto porque hoxe temos a satisfacción de darvos a benvida, logo de anos nos que non recibíamos en Lugo policías en prácticas”. “Nestes nove meses vades completar a vosa formación como servidores públicos e os vosos éxitos tamén serán os de todos os cidadáns porque nas vosas mans quedará no futuro a seguridade de todos nós, por iso, agardo que vos resulten moi proveitosos estes meses nos que recibiredes formación práctica, desenvolvento fundamentalmente traballos en materia de prevención, baixo a supervisión dos responsables dos distintos servizos aos que seredes asignados.
Minuto de silencio contra a violencia machista
Asemade, Isabel Rodríguez participou hoxe nunha concentración en repulsa do último acto de violencia machista, ocorrido na Coruña, na que se gardou un minuto de silencio pola vítima. A subdelegada manifestou que se trata de “expresar a nosa repulsa, ter un recordo para María Judite, a muller asasinada, e pedir a toda a sociedade lucense que traballemos pola igualdade e contra crimes coa este. Xa ven 22 asasinatos machistas este ano en España, 2 en Galicia, e entre todos temos que poñer fin a esta lacra”.