A subdelegada do goberno fai un chamamento a non baixar a garda

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, pediu hoxe aos lucenses que non baixen a garda e que manteñan o esforzo de illamento  para frear a propagación do coronavirus, na terceira semana das medidas do estado de alarma.

Isabel Rodríguez insistiu na necesidade de respectar as medidas de illamento, como afortunadamente están a facer a inmensa maioría dos lucenses, e avisa de que o comportamento insolidario das persoas que incumpren as restricións de movemento poñendo así en perigo ao resto da poboación motivou esta fin de semana a detención de 6 persoas na provincia polas forzas de seguridade do Estado, que tamén puxeron 471 denuncias pola mesma causa. Neste sentido, Rodríguez lembrou que a gravidade dese comportamento pode levar a sancións por incumprir o estado de alarma que oscilan entre 601 e 30.001 euros.

A subdelegada do Goberno agradeceu o comportamento que están a ter a maioría dos lucenses dende que entrou en vigor o estado de alarma e pediu á poboación que siga a respectar as medidas de implementadas para frear a propagación do virus e axudar así a salvar vidas das persoas máis vulnerables, ademais de protexer aos profesionales que están máis expostos nesta pandemia, como son o persoal sanitario, as forzas de seguridades ou os traballadores de servizos esenciais como o alimentario ou o de transportes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com