A subdelegada do Goberno recibe ao novo director do INSS na provincia de Lugo

A Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, recibiu hoxe ao novo director provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social, Juan José Rodríguez Gude.

A nova Subdelegada mantivo a última hora da mañá a súa primeira reunión de traballo con Rodríguez Gude. O xa responsable do INSS e da Tesourería Provincial da Seguridade Social na provincia de Lugo tomou posesión do cargo hai uns días.

Juan José Rodríguez Gude naceu en Portomarín en 1971. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, é funcionario do Corpo Superior de Letrados da Administración da Seguridade Social. Ata o seu nomeamento como director da TGSS e o INSS en Lugo exercía como letrado no Servizo Xurídico Delegado Provincial da Administración da Seguridade Social en Lugo. Con anterioridade desempeñara o posto de letrado no Servizo Xurídico Delegado Provincial na Tesourería Xeral da Seguridade Social da Coruña.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com