A subdelegada do Goberno recibe ao xefe de Tráfico na provincia, Ángel Álvarez

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, recibiu hoxe ao novo xefe provincial de Tráfico, Ángel
Álvarez Martínez. Isabel Rodríguez mantivo esta mañá o seu primeiro encontro de traballo con Álvarez Martínez, que foi nomeado responsable da Dirección Xeral de Tráfico na provincia de Lugo o pasado día 9.

A subdelegada do Goberno aproveitou a xuntanza para pedirlle que lle dea a máxima prioridade á seguridade vial nas estradas da provincia.

Ángel Álvarez naceu en León en 1982. É Licenciado en Dereito pola Universidade de León, funcionario da escala superior de Técnicos de Tráfico da DXT e sustitúe no cargo a Paula Yubero Plaza, que pasou a desempeñar o posto de xefa provincial de Tráfico en Pontevedra. Con anterioridade, Álvarez ocupou o posto de subxefe na Xefatura de
Tráfico da provincia da Coruña e ata o seu nomeamento desempeñaba transitoriamente o cargo de xefe provincial de Lugo en atribución temporal de funcións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com