A TIC ofrece 1.165 prazas en cursos de novas tecnoloxías para maiores da provincia

A TIC da Deputación ofrece 1.165 prazas nos 87 cursos e obradoiros que impartirá na sede do InLugo no último trimestre de 2018, ás que haberá que sumar o número de veciños que participen nos cursos cos que se achegarán as novas tecnoloxías ao rural. Así o anunciou este venres o Presidente da TIC e da Deputación, Darío Campos Conde, na presentación da nova programación, para a que xa está aberto o prazo de inscrición en www.fundaciontic.org, www.deputacionlugo.gal ou no teléfono 982 225 186.

Campos Conde, que estivo acompañado pola Alcaldesa de Lugo e o patrón da TIC e Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, dixo que “desde o Goberno da Deputación apostamos un trimestre máis polo fomento do uso das novas tecnoloxías entre os lucenses de máis de 55 anos porque cremos firmemente na súa utilidade como unha ferramenta que axuda a mellorar a calidade de vida das persoas maiores”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com