A UMAR desprázase a San Cibrao o vindeiro martes pola non substitución da pediatra

A Unidade Móbil de Axuda ás Reclamacións (UMAR) da Plataforma Sanitaria da Mariña , que tivo que mudar xa a súa ubicación habitual na entrada do hospital a primeira semana de marzo dada a situación de alarma creada pola falta de substitución da pediatra titular de Xove e Cervo por vacacións, volve a cambiar o que sería a súa localización nun centro de saúde a terceira semana de mes, e adiántase ao martes 12 de marzo, elexindo nesta ocasión o centro de saúde de San Cibrao por ser outro dos epicentros da problemática sanitaria.

A profesional que atende as crianzas dos concellos de Cervo e Xove atópase de vacacións desde o pasado 20 de febreiro e non se substituiu, obrigando a nais e pais a desplazarse cos nenos e nenas a outras localidades, ao hospital da Mariña ou mesmo a pagar a profesionais privados para que estes recibiran atención pediátrica. Esta situación, “que comeza a ser preocupante”, non constitúe un feito illado senón que é o modus operandi do Sergas, como advirten desde este colectivo sanitario.

“Pasou hai pouco nos concellos de Barreiros, Lourenzá e Mondoñedo, cando a pediatra colleu a baixa e a intensa contestación social e veciñal conseguiu que o Sergas puxera unha substituta, está a pasar en Cervo- Xove, e volverá a pasar cada vez que unha pediatra de familia da Mariña colla un permiso ou baixa médica”, explica Víctor Vila, portavoz da Plataforma Sanitaria.

Desde este colectivo animan a nais, pais, veciñas e veciños de Cervo a que se acheguen ate o centro de saúde de San Cibrao o proximo martes 12 de marzo de 11 a 13 horas e fagan a reclamación colectiva que , sumada ás 150 que se fixeron hai dous días en Xove “agardamos que sexan definitivas para o Sergas ,e esperamos tamén que sirvan para que dunha vez por todas tomen cartas no asunto e solucionen esta situación de emerxencia”, conclúen.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com