A Unidade Móbil de Axuda ás Reclamacións (UMAR) da Plataforma Sanitaria vén de informar que, durante o día de mañá, volverán a estar atendendo ás reclamacións dos usuarios na entrada principal do Hospital da Mariña.
En horario de 11 a 13 horas a plataforma atenderá todas aquelas dúbidas que poidan xurdir en temas de agardas, derivacións ou outras , tanto para usuari@s como a profesionais ou colectivos. Do mesmo xeito, tamén prestará servizo para axudar a redactar reclamacións ou calquera outra cuestión que precisen os usuarios, mesmo a entrega no rexistro.