O vindeiro martes día 7 de agosto a Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións ( UMAR ) volve a estar na entrada principal do Hospital da Mariña en horario de 11 a 13 horas para atender todas aquelas dúbidas que poidan xurdir en temas de agardas, derivacións ou outras , tanto para usuari@s como a profesionais ou colectivos. Do mesmo xeito, tamén prestará servizo para axudar a redactar reclamacións ou calquera outra cuestión que precisen os usuarios, mesmo a entrega no rexistro.
Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña animan “a tod@s aquel@s veciñ@s que queiran reclamar por considerar que hai atrasos para facer unha proba diagnóstica, para unha consulta ou unha intervención cirúrxica que se acheguen ate a entrada do hospital e contacten con nós”.
A Plataforma Sanitaria quere lembrar tamén que “durante o mes de agosto só funcionará a UMAR no hospital , aplazándose a UMAR que o terceiro martes de mes tería que estar nun centro de saúde ata setembro”.