O sindicato UXT vén de instar ás aseguradoras a que “apuren” as indemnizacións ás empresas afectadas polo incendio ocorrido onte no Polígono Industrial do Ceao, no que tres naves resultaron calcinadas por completo e outras tantas foron afectadas polas lapas. O sindicato xa avanzou que velará porque as consecuencias deste lume non cheguen aos preto de 100 traballadores destas empresas.
O secretario xeral da organización sindical advertiu ás direccións das empresas afectadas que se poñan “mans á obra” coas aseguradoras e coas administracións para “apurar o máximo posible” que se cubran os danos e “volva a actividade ás empresas canto antes”.
Dende o sindicato resaltan que “temos que velar porque ese incendio que causou eses danos materiais graves, non se vexa reflexado no que os traballadores teñan problemas”.