A Valedora do Pobo admite a trámite a denuncia contra o Concello por incumprir a Lei de Transparencia

A Valedora do Pobo vén de aceptar a trámite a denuncia realizada pola formación de Cidadáns Lugo contra o Goberno local por reiterados incumprimentos á Lei de Transparencia.  O pasado 17 de novembro, a formación encabezada por Olga Louzao solicitaba ante a Valedora que se abrise unha investigación acerca do incumprimento da normativa en materia de transparencia por parte do Concello de Lugo e apelaba á toma de medidas encamiñadas a corrixir as deficiencias.

Esta denuncia veu motivada, en gran parte, pola non publicidade dos contratos menores por parte do Goberno de Lara Méndez.  A formación laranxa instou ao equipo de goberno, en numerosas ocasións, á publicación destes documentos no Portal de Transparencia e solicitou, a primeiros de setembro, unha listaxe de todos os contratos e convenios coa contía exacta realizados no último ano, petición que todavía non tivo resposta por parte do Concello.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com