A Valedora do Pobo require ao Concello por deixar 150 metros dunha pista sen asfaltar en Piugos

A Valedora do Pobo vén de requerir ao Concello de Lugo que lle facilite “toda a información sobre os motivos que deron lugar á queixa” dunha veciña de Piugos que denunciou que o goberno local deixara sen asfaltar un tramo de estrada de 150 metros que supón o acceso a catro vivendas da parroquia.

Un caso do que se fixo eco o Grupo Municipal do Partido Popular quen denunciara esta situación hai tempo e que ten craro que se tratou dunha mala planificación: “nos dous proxectos que se fixeron aos accesos a Pena da Mula, na parroquia de Piugos, non se planificou o asfaltado en quente dun treito de 150 metras que da acceso a catro vivendas”. Segundo explican os populares, a obra, feita polo departamento de vías e obras, dependente do BNG, tense que recorrer fronte á concellería de medio rural, en mans do PSOE.

Para o concelleiro popular Manuel López “os conflictos entre áreas de distinto signo político veñen a ser como os cambios de marcos que se fan no rural, neste caso, para ampliar ou reducir a súa parcela de poder”. O popular quere que, dunha vez por todas PSOE e BNG, aclaren “onde e de quen son os marcos” preguntándose se “os cambian de noite ou de día” en alusión á necesidade de marcar os lindes con precisión para evitar as molestias aos veciños, tal e como sucedeu nesta obra municipal de Piugos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com