“A veciñanza de Lugo poderá desfrutar en poucas semanas dun novo espazo peonil na Mosqueira”

O Tenente Alcalde xunto co edil de Infraestruturas Urbanas visitaron a Mosqueira onde puideron comprobar os avances realizados na peonalización deste treito da Ronda da Muralla nas últimas semanas. O vicealcalde afirmou que “os traballos avanzan a bo ritmo, e en poucas semanas a veciñanza de Lugo poderá desftutar deste novo espazo peonil”. O Tenente Alcalde explicou que “desde o Goberno de Lugo marcámonos como prioridade o remate desta actuación nas vindeiras semanas”.

A nova praza contará cunha pavimentación novidosa en Lugo, que alterna céspede e baldosas. O Tenente Alcalde explicou que “isto permitirá mellorar a percepción  do monumento e abrir á veciñanza un dos espazos máis simbólicos da cidade”.

A nova praza peonil resultante será un espazo multiusos, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de ocio, na que se respectará a visión dos arcos da Mosqueira e do edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira. O tenente de alcalde lembrou que “esta actuación servirá como espello de como se pode humanizar o entorno do monumento máis importante de Lugo coa retirada de vehículos”.

“Unha das liñas de traballo da área de Mobilidade, da que é protagonista a peonalización do tramo da Mosqueira, é retirar progresivamente os vehículos da Muralla, dando así solución ás vibracións que están a converterse nun problema para a estrutura, tal e como advertiu o ICOMOS”, lembrou o segundo edil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com