Señor López Producións presenta este sábado ás 20.30 na Casa da Memoria de Xullán o espectáculo, A viaxe do señor López . A produtora estréase con esta montaxe que busca achegar ao público familiar un espectáculo cheo de humor e ledicia. Nesta ocasión, a obra servirá para inaugurar aprogramación da Casa da Memoria, un centro cultural de referencia para o rural de Galicia, que acolle este espectáculo coa idea de achegar o teatro a todos os públicos. Esta peza continúa a súa xira logo de estar por diferentes puntos de Galicia e despois de ser estreada tamén na súa versión castelá en Bos Aires.
O señor López é unha persoa solitaria, triste e gris. Un día calquera acontécelle unha desas cousas solitarias, tristes e grises tan característica do mundo dos adultos e a partir dese momento todo cambia. Monta unha compañía de teatro. Aprende a contar chistes. Fala idiomas inventados. Viaxa nunha balsa por un mundo cheo de cores e alegría. O señorLópez convértese nun paxaro-inuit co que provoca unha viaxe por todo o mundo.