“A viaxeira” o novo filme de Hong Sang-soo estrease este venres nos cines Codex

Esta semana os Codex Cinema estrea os filmes “A VIAXEIRA” e  “SUJO”.

“A VIAXEIRA”, o novo traballo de Hong Sang-soo, unha película cristalina lixeira e relaxada que nos propón unha mirada ao tempo no que vivimos e ao latido dos corazóns que o padecen.

Sinopse:  Iris, unha viaxeira misteriosa, vagabundea polas aforas de Seúl. Alí convence a unha serie de persoas para ensinarlles francés cun método tan pouco ortodoxo como seductor, malia a súa falta de experiencia. Entre paseos polo parque e botellas de viño de arroz de makgeolli, Iris parece de súpeto  unha máis da familia.

 “SUJO”, un relato de madurez ambientando nunha das zonas máis hostís do planeta, aborda o tema sensacionalista das guerras do narcotráfico mexicano..

Sinopse:   tras o asasinato do seu pai, o pequeno Sujo queda orfo e desamparado. Coa axuda da súa tía, que o salva da morte, Sujo medra no campo sorteando a adversidade, a pobreza e o  perigo constante asociado á súa identidade. Cando entra na adolescencia, como rito iniciático, únese a un cartel mafioso do cal logra saír para refacer a  súa vida lonxe da violencia. Conseguirá mudar o seu destino?

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com