Coincidindo coa volta dos encontros de baloncesto ao Anexo, logo da súa renovación, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo convida aos clubs de base da cidade a estrear as novas canchas xunto a xogadoras e xogadores dos clubs Ensino e Breogán. A cita será mañá sábado, as 11.20 horas, no Anexo.
O vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes Efrén Castro convidou “a todas as xogadoras e xogadores dos clubs de baloncesto base lucense a participar neste encontro, co que queremos agradecer a colaboración que prestaron para facilitar os traballos que se desenvolveron durante estes últimos meses neste recinto deportivo e no que participarán xogadores de Breogán e xogadoras de Ensino, referentes da importancia do baloncesto na cidade”.
O Anexo acolle esta fin de semana os primeiros encontros de ligas de base tras a renovación das instalacións, que conta cunha superficie de xogo totalmente renovada e sistemas de dobre porta nas dúas entradas do recinto para evitar correntes de aire e manter a temperatura no interior. Tamén se mellorou a impermeabilización do edificio