A deputada de cultura Iria Castro, presentou onte na Deputación de Lugo, unha axenda para o 2024 editadaa través do Servizo de Publicacións, centrada nas fortificacións das terras e comarcas de Lugo. En total 24 construcións capturadas en imaxes de Begoña Pérez, Iván Mouronte, Brais Lorenzo e Ángel Ramil e acompañadas de textos de Alexandra Cabana Outeiro.
A publicación reivindica e dá pulo ás construcións menos coñecidas, identificando cada unha delas cun dos meses do ano. Ademais, inclúe un álbum fotográfico e un apartado de notas nas páxinas finais. O Castro de Amarante, en Antas de Ulla, abre o mes de xaneiro, seguido da torre de Caldaloba no mes de febreiro, da que é titular dunha parte dos terreos no que se localiza a Vicepresidencia, que apoiou uha iniciativa popular para recuperala.
As fortificacións restantes son Candaira, no Saviñao; o Castro de Candaz en Chantada; Castro de Ouro, en Alfoz; Castroverde; Doiras, en Cervantes; Pambre, en Palas de Rei; A Pobra de Burón, na Fonsagrada; Sarria; Torres Novais, en Quiroga; Xiá, Friol e Miraz, en Friol; Tovar, en Lourenzá; Ferreira, en Pantón; Quindous, en Cervantes;Taboada; Torés, nas Nogais; Sobrada de Aguiar e Taboi, en Outeiro de Rei; Castelo dos Condes de Lemos, en Monforte de Lemos; Torre dos Andrade, en Vilalba; A Proba; en Navia de Suarna; Doncos, nas Nogais
Ademais, en 2024 o servizo provincial editou un almanaque para o 2024 está protagonizado polo traballo dun dos renovadores do arte galego, Francisco Asorey. Unha homenaxe que se suma ao recoñecemento que a Academia Galega de Belas Artes realiza ao artista coincidindo co Día da Arte Galega. En total son 12 imaxes adicadas ao seu traballo, que deixou unha gran pegada na provincia con representacións coma o monumento homenaxe ao alcalde Angel López Pérez ou ao Padre Feijóo, a ofrenda a San Ramón ou o San Francisco de Asis, entre outros.